TEMA Literatura galega

Últimos artículos publicados

07 mar 2002

Luz Pozo Garza, premiada como símbolo de la participación cultural de la mujer

La escritora ribadense recibe hoy, de manos de Manuel Fraga, uno de los galardones Galicia en feminino Luz Pozo Garza va consiguiendo ser profeta en su tierra. La escritora ribadense es una de las galardonadas de los premios Galicia en Feminino de este año, cuya entrega tiene lugar en Santiago esta noche, bajo la presidencia de Manuel Fraga. La poeta, académica y ensayista recibe una nueva distinción, coincidiendo con la celebración del Día Internacional de la Mujer, como reconocimiento a su carrera literaria. Su Ribadeo natal ya le ha dedicado otros homenajes.

22 feb 2002

«Non son reintegracionista»

Pilar Vázquez Cuesta, doutora Honoris Causa pola Universdade de Lisboa Esta tarde recibe na Universidade de Lisboa a máxima distinción, o doutorado Honoris Causa, un recoñecemento á persoa que acupou a primeira cátedra de Portugués que houbo en España, Pilar Vázquez Cuesta. Esta muller de 75 anos di que estaba predestinada a súa vocación pola cultura portuguesa, brasileira e lusóafricana, «porque nacín un 25 de abril e un dos meus nomes é África». Pero é rotunda ó aclarar que non é reintegracionista, porque «galego é portugués son linguas irmáns, pero distintas».

CONCHA PINO

20 feb 2002

«Mondoñedo influiu no Seminario»

X. M. PALACIOS CITA CULTURAL Félix Villares, autor dun libro sobre Crecente Vega, que se presenta mañá na cidade episcopal Félix Villares foi alumno, profesor e rector do Seminario de Santa Catalina. Un trazo seu quizais menos coñecido pero non menos importante é o estudio dos poetas que pasaron pola vella casa do século XVIII. Mañá presenta un libro sobre Crecente Vega, formado naquel ambiente literario de comezos do século XX que compartían o Seminario e a cidade.

16 feb 2002

TVG estrea «Un mundo de historias» con textos de Fole, Castelao e Casares

A nova serie mestura feitos da vida de persoas normais con relatos da literatura galega A «vida normal de persoas normais» mesturada con feitos sacados de relatos de autores como Castelao, Ánxel Fole, Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Blanco Amor, Carlos Casares ou Méndez Ferrín. Esta é a base da nova serie que TVG presentou onte e que se estrea o próximo luns (23.30 horas). Antón Dobao dirixe a nova serie na que se recolle a visión que uns personaxes ofrecen do mundo e de Galicia a través das vivencias do cineasta Adrián Castiñeira que volta a terra despois de estar varios anos fóra.

REDACCIÓN

16 feb 2002

Nace a Biblioteca Virtual Galega na que cada escritor terá a súa propia páxina web

A Universidade da Coruña promove este novo «centro de dinamización da nosa cultura» no que xa hai obras de 160 autores galegos En galego no mundo, dicía unha campaña de promoción lingüística. Desde o próximo día 22, a literatura galega estará no mundo xa que desde calquer sitio do Planeta poderase entrar na Biblioteca Virtual Galega, un lugar en Internet no que haberá textos, imaxes e voz de tódolos escritores galegos; terán un espacio para que publiquen os novos autores; estará a biografía e o catálogo das obras de cada autor, que terá a súa páxina web na que poderá «colgar» noticias e recibir mensaxes. Polo de agora, 120 autores vivos xa están na nova Biblioteca. De todo isto falan con paixón as tres responsables da iniciativa, tres mulleres da Universidade da Coruña.

RODRI GARCÍA

10 feb 2002

A Biblioteca 120 recupera as mellores cantigas da poesía popular galega

Son textos que ían de boca en boca e durante moitos anos foron a única literatura posible. Estes poemas e cantigas teñen en común a vida das xentes. Recuperados por Domingo Blanco, ocupan o seu lugar no libro 'Poesía popular galega'.

ARMANDO REQUEIXO, profesor na Universidade de Santiago

05 feb 2002

O teatro épico da obra «Zardigot», de Euloxio Ruibal, entra na Biblioteca 120

De título enigmático, 'Zardigot' significa o nacemento do teatro galego actual. A peza de Ruibal recibiu o primeiro premio Abrente, iniciando a brillante etapa do Novo Teatro Galego, representado polas pezas de Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño ou Bernardino Graña tamén galardonados co Abrente. Lecturas cualificadas:

CHEMA PAZ GAGO, director do Máster de Estudios Teatrais da Coruña.

27 ene 2002

AS VOLTAS DUN LIBRO

XOSÉ RAMÓN PENA, catedrático de Lingua e Literatura Galega

20 ene 2002

«Crime en Compostela», un libro con sabor a alcohol de garrafa

La Voz de Galicia entrega a novela coa que Carlos G. Reigosa estreou o xénero policial en galego Revisitar o libro que iniciou o traxectoria do Premio Xerais de novela é coma atoparse na rúa cun vello amigo a quen non vemos dende hai anos e descubrir con asombro que segue ancorado nas súas esmorgas clandestinas, tan farruco coma o primeiro día. Crime en Compostela é así, cómplice, accesible e con sabor a alcohol de garrafa. Lecturas cualificadas

DANIEL LOCÁN, redactor do Diario Cultural da Radio Galega

15 ene 2002

«A esmorga», unha obra fundamental da literatura galega

CONCHA COSTAS, presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística Todos os manuais e estudios críticos da nosa literatura definen A esmorga , de Eduardo Blanco Amor, como un clásico indiscutible e unha obra fundamental na historia da literatura galega. Lecturas cualificadas

13 ene 2002

UNHA IDADE ÁUREA

CÉSAR MORÁN, cantautor o autor da escolma desta antoloxía da lírica medieval