TEMA Literatura galega

Últimos artículos publicados

08 ene 2002

«A literatura galega invita a voar»

Manuel Rivas, autor de «¿Que me queres, amor?» A súplica do trobador medieval Fernando Esquío da título a un dos libros máis coñecidos de Manuel Rivas, que se entrega mañá na Biblioteca 120 de La Voz de Galicia. O escritor cre que unha boa colección de libros é imprescindible en todo fogar e defende os beneficios da literatura, a que fai voar, así como os dunha lingua propia, vista como un gran recurso. A cultura é decisiva no futuro dun país, conclúe. Un vento de inverno trae a noite sobre o porto de Sada. Manuel Rivas pescaba aquí de cativo. Chega á entrevista vestido de negro, cun libro de Chèjov baixo o brazo e un reloxo no pulso esquerdo coas siluetas dos Beatles.

XESÚS FRAGA

08 ene 2002

'¿Que me queres, amor?', é xa un clásico da literatura galega.

A crítica fala destes relatos como un compendio de formas que proxectan o mellor da condición humana Foi Premio Nacional de Narrativa e acadou o Torrente Ballester. O cine púxolle cara ó neno Pardal e ó mestre, don Gregorio, que falaba da lingua das bolboretas. Todo isto está en «¿Que me queres amor?». Lecturas cualificadas

DOLORES VILAVEDRA, crítica e profesora da Universidade de Santiago

07 ene 2002

A Biblioteca Galega 120 xa está na rúa

A calidade da edición dos 70.000 exemplares de «Follas novas» e «Sempre en Galiza» sorprende os lectores Esta información ten pouco interese para vostede, lector de La Voz de Galicia. Explícolle. Se onte mercou un dos 70.000 volumes de «Follas novas», de Rosalía de Castro, postos na rúa por La Voz, recibiría como agasallo «Sempre en Galiza» (I) e xa sabe que ten dúas xoias da literatura galega. Ademais, seguro que está sorprendido, como moitos, da calidade da encadernación e da edición dos libros. Se vostede é dos que non ten estes dous libros, pensará que este texto non vai con vostede. Dese xeito non terá forma de decatarse de que a Biblioteca 120 é como esas raras xoias literarias que un atopa cando rebusca por unha librería de vello.

R. GARCÍA

01 ene 2002

La Voz presentará a Biblioteca 120 cunha gran festa en Santiago

O acto, con máis dun milleiro de invitados, celebrarase pasado mañá, día do 120 aniversario do xornal O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Barreiro Fernández, e o do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, acompañarán ao presidente de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, nos actos cos que se conmemorará o 120 aniversario do xornal. Os tres exporán as súas reflexións sobre a evolución do xornal nestes anos e sobre a iniciativa cultural coa que se conmemora esta data tan sinalada: a Biblioteca 120.

REDACCIÓN

26 dic 2001

Diez años de promoción literaria

El colectivo de Becerreá A Pipa celebra mañana con Marica Campo su «Noite Poética» La Asociación Cultural A Pipa, nacida en 1988 en Becerrá, se ha convertido en uno de los colectivos más activos en la defensa de la cultura y la literatura gallega. Mañana celebra su octava «Noite Poética», en la que este año participará la poetisa Marica Campo. El acto será a las 21 horas en el Hostal Herbón. Habrá el tradicional recital de poesía y se entregarán los premios del certamen literario.

REDACCIÓN

26 dic 2001

Diez años de promoción literaria

El colectivo de Becerreá A Pipa celebra mañana con Marica Campo su «Noite Poética» La Asociación Cultural A Pipa, nacida en 1988 en Becerrá, se ha convertido en uno de los colectivos más activos en la defensa de la cultura y la literatura gallega. Mañana celebra su octava «Noite Poética», en la que este año participará la poetisa Marica Campo. El acto será a las 21 horas en el Hostal Herbón. Habrá el tradicional recital de poesía y se entregarán los premios del certamen literario.

REDACCIÓN

21 dic 2001

«A Biblioteca 120 é un proxecto que vai contribuir ó coñecemento da literatura»

Isaac Díaz Pardo, editor de O Castro Home inquedo donde os haxa e promotor de tantos e tantos proxectos culturais, Isaac Díaz Pardo bota en falta medidas institucionais que apoien iniciativas privadas no eido da cultura como a que pon en marcha La Voz de Galicia. Para o editor de O Castro, os problemas do libro galego débense, sobre todo, «a unha falta de conciencia do que somos como pobo, porque non se explican as cousas».

CONCHA PINO