A Biblioteca 120 de La Voz reunirá nunha colección ós grandes da literatura galega
Onte firmaron o acordo o presidente do periódico e os máis importantes editores de libros do país As grandes figuras da literatura galega de tódolos tempos e os máis recoñecidos autores contemporáneos integrarán a colección Biblioteca 120 de La Voz de Galicia que o periódico ofrecerá ó longo de todo o 2002 para conmemorar os seus 120 anos de existencia. O presidente da empresa, Santiago Rey Fernández-Latorre, asinou onte cos máis importantes editores do país o acordo que permitirá ós galegos acceder, a un prezo moi económico a unha colección de referencia sen precedentes na nosa cultura. Trátase de obras que abranguen tódolos xéneros -narrativa, teatro, poesía, ensaio...- encadernadas en tapa dura.
REDACCIÓN