Nace a Biblioteca Virtual Galega na que cada escritor terá a súa propia páxina web
A Universidade da Coruña promove este novo «centro de dinamización da nosa cultura» no que xa hai obras de 160 autores galegos En galego no mundo, dicía unha campaña de promoción lingüística. Desde o próximo día 22, a literatura galega estará no mundo xa que desde calquer sitio do Planeta poderase entrar na Biblioteca Virtual Galega, un lugar en Internet no que haberá textos, imaxes e voz de tódolos escritores galegos; terán un espacio para que publiquen os novos autores; estará a biografía e o catálogo das obras de cada autor, que terá a súa páxina web na que poderá «colgar» noticias e recibir mensaxes. Polo de agora, 120 autores vivos xa están na nova Biblioteca. De todo isto falan con paixón as tres responsables da iniciativa, tres mulleres da Universidade da Coruña.