24 oct 2000
O programa cultural de Cambados ofrece ata fin de ano teatro e talleres de Nadal
O Concello presenta nas xornadas de Cabanillas unha exposición sobre a relación de Castelao co Salnés A concelleira de Cultura de Cambados, Rosa Oubiña, deu a coñecer onte o programa do Concello ata fin de ano, no que destacan as representacións teatrais de calidade e os talleres e concursos organizados en torno ó Nadal. Tódolos domingos haberá teatro na sociedade cultural, coa presencia de compañías como Sarabela, Teatro do Morcego, Ollomoltranvía ou Teatro de Aquí. Por outra banda, o Concello, ademais dunha aportación económica, colabora nas xornadas de Cabanillas cunha exposición de cincuenta láminas sobre a relación de Castelao coas terras do Salnés, mostra que tamén se presentará en Vilagarcía.