TEMA Normalización lingüística

Últimos artículos publicados

28 jun 2002

Castelao en español indigna en Compostela

Critican que a obra, pensada en galego e para o país, se presente como se fose dun autor foráneo Assembleia da Língua e a Mesa pola Normalización Lingüística protestaron onte en Compostela pola versión en español da obra de teatro de Castelao. Os dous grupos coincidiron en criticar que un texto como «Os vellos non deben namorarse», escrito en galego, pensado para o público do país e estreado en galego en Buenos Aires en 1961 se presente en Galicia como se fose dun autor foráneo, con apoio da compañía pública do Centro Dramático Galego, que contribuiu con medios, persoal e financiamento. O presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, leu un manifesto da Mesa, asinado estes días por centos de persoas.

REDACCIÓN

27 jun 2002

A Fundación Lois Peña Novo premiou ós funcionarios que apoian o uso dó galego

O Castelo de Soutomaior foi o escenario da entrega dos galardóns pertencentes a súa oitava edición A Fundación Lois Peña Novo entregou onte, no Castelo de Soutomaior, os galardóns pertencentes a súa oitava edición. Os premios foron instituidos como un recoñecemento á labor individual ou colectiva dos funcionarios, ou persoas vinculadas coa administración pública, na defensa e normalización do idioma galego nas administración públicas. Os premiados son o equipo que dirixiu Daniel Macenlle, polícia local de Moaña, o Concello de Narón, Rosalino González e o Centro de Investigación Ramón Piñeiro.

JORGE LAMAS

27 jun 2002

Polémica en Compostela por representar en castellano una obra de Castelao

Alonso Montero, autor de la traducción del texto, apuesta por universalizar al intelectual rianxeiro La tristeza monopolizó ayer la presentación de la obra de teatro «Los viejos no deben enamorase», dirigida por Manuel Guede. La polémica suscitada en algunos sectores por la representación en castellano de una pieza de Castelao ha levantado ampollas entre el equipo directivo, que coincidió en apuntar que Galicia nunca reconocerá el esfuerzo del Centro Dramático Nacional para dar a conocer autores gallegos. El traductor del texto, Xesús Alonso Montero, manifestó que «xa é hora de que Castelao se universalice».

MÓNICA LÁZARO

25 jun 2002

Os vigueses teñen menos dificultades na lectura en galego que hai catro anos

O estudio sociolingüístico da lingua galega no Concello de Vigo amosa certas melloras motivadas polo proceso de normalización Aínda que non está rematado, o estudio sociolingüístico do idioma galego no Concello de Vigo amosa certos avances para a lingua de Castelao respecto o estudio feito no ano 1998. Os vigueses teñen menos dificultades para ler e escribir fruito da aplicación da Lei de Normalización no ensino obrigatorio. Nembargantes, detéctase un descenso no uso cotián do galego respecto as xeracións máis vellas. O estudio foi feito pola Universidade de Vigo ó traveso dun convenio coa concellería para a Normalización Lingüística de Vigo. A concellería prepara outro estudio centrado na propia administración municipal.

JORGE LAMAS

23 jun 2002

Mil rapaces xogaron en galego

A praza do Rei acolleu a «Festa do verán» da concellería de Normalización Lingüística

REDACCIÓN

18 jun 2002

Os santiagueses asumen o galego como normal por vivir na capital de Galicia

O conselleiro de Educación dá os «parabéns ao Concello» polo traballo sobre a situación do idioma Para os santiagueses «o galego é un idioma que asumen como de uso normal por ser a capitalidade do país», segundo destaca o relator municipal de Normalización Lingüística, Manuel Portas, quen onte presentou o volume «Situación da lingua galega no Concello de Santiago de Compostela», publicado pola Xunta. Na edición figura un «Limiar» do conselleiro de Educación, Celso Currás, que deixa constancia dos «parabéns ao Concello» por este estudio, realizado no ano 2000, e que parte de diversos relatorios sociolingüísticos.

REDACCIÓN

18 jun 2002

Críticas ó CDG por escenificar a Castelao en castelán

A Mesa pola Normalización considera a actuación «unha provocación» En 1998 a decisión do Centro Dramático Galego de representar a Valle Inclán foi moi contestada. Agora, a súa colaboración co Centro Dramático Nacional para representar a obra de Castelao «Os vellos non deben de namorarse» en castelán tamén encendeu os ánimos da Mesa pola Normalización Lingüística.

REDACCIÓN