TEMA Normalización lingüística

Últimos artículos publicados

24 may 2002

O Virxe do Mar recibe un premio de 480 euros pola súa defensa a prol da normalización lingüística

O centro educativo suma xa sete distincións relacionadas co uso do galego, todas acadadas nas últimas semanas O Virxe do Mar de Noia está de racha. Nas últimas semanas non parou de recibir cartas nas que se lle comunica a obtención de premios no marco do certame «Entre nós, en galego». Onte souberon da concesión de 480 euros polo seu labor a prol da normalización.

SARA ARES LEMA

23 may 2002

O Manual para Policías Locais recibe o Premio Peña Novo

Os galardóns entregaránse o 27 de xuño no Castelo de Soutomaior O xurado dos Premios Lois Peña Novo reuníuse onte na pousada de Soutomaior para elixir os galardoados da oitava edición do certame entre as propostas presentadas. O Manual de Formularios para Policías Locais do Concello de Vigo, o Concello de Narón, o profesor Camilo Fernández Valdeorras, o funcionario Rosalino Gónzalez Serodio e o Centro Ramón Piñeiro foron os seleccionados.

B.R. SOTELINO

22 may 2002

«A banda deseñada é a porta natural para que os nenos entren na lectura»

Miguel Vázquez, director de «Golfiño», a publicación que La Voz entrega os venres La Voz de Galicia iniciará mañá a entrega da revista de banda deseñada «Golfiño», que a partir de agora se ofrecerá tódolos venres por só cincuenta céntimos de euro máis o prezo do xornal. Miguel Vázquez Freire (Corcubión, 1951), director da publicación, opina que esta inciativa editorial suporá un pulo importante para a promoción da lectura en galego. «A banda deseñada ¿di¿ é a porta natural para que os nenos entren na lectura». Co primeiro número entregarase un videoxogo da película «O bosque animado».

REDACCIÓN

18 may 2002

Portugal tamén fala galego

Manuel María salientou, nun acto celebrado en Oporto a gran actividade das editoriais galegas Os galegos levan as viaxes nos xenes. Por iso non de estrañar que o Día das Letras Galegas se celebrase en boa parte do mundo. En Oporto Manuel María encargouse de amosar a riqueza da lingua da súa terra, coa lectura dalgúns poemas. O escritor lucense tamén tipo tempo para reclamar o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística. Edición de revistas e libros para conmemorar os aniversarios Cuba celebra os dez anos da Cátedra Galega

ALBERTO MAGRO