TEMA Normalización lingüística

Últimos artículos publicados

17 may 2002

Varias casualidades con rango de milagro

Ciertos comportamientos cambian en muy contadas ocasiones, como la conjunción de los planetas «¡Beatificación!, ¡beatificación!», entró gritando en el bar-ateneo uno de los contertulios, más por llamar la atención que por auténtico espíritu reivindicativo. Independientemente de algunos inconvenientes de procedimiento, los milagros que alegaba en su favor para conseguir la gracia tal vez careciesen de relevancia divina, pero no terrenal, porque constituían una especie de conjunción de planetas, de esas que se dan una vez cada siglo y medio. Al parecer, tres los tenía acreditados, aunque el cuarto, no.

16 may 2002

O Correlingua convocou onte a máis de dous mil «linguatletas» en Castrelos

Vigo acolleu a última etapa de esta actividade que ten como obxectivo promover o uso do galego Baixo o lema Fala, non cales , máis de dous mil xóvenes vigueses participaron onte nunha nova edición do Correlingua, actividade que ten como obxectivo promover o uso do galego. Os «linguatletas» iniciaron o percorrido na praza do Rei e logo partiron correndo cara o parque de Castrelos. O alcalde de Vigo foi o encargado de dala saída á marcha. Xa no parque, o cantante de Os Diplomáticos, Xurxo Souto, leeu o hino do Correlingua, e comezou unha festa na que houbo agasallos para os participantes.

REDACCIÓN

15 may 2002

Alegato en favor dunha conciencia galega

O acto de homenaxe a Isaac Diaz Pardo e Manuel Fabeiro converteuse onte en Noia nunha reivindicación da identidade propia Profesores e alumnos dos nove institutos da bisbarra que promoven o premio Leixaprén déronse cita onte no Campo de San Alberto de Noia para asistir ó acto de recoñecemento do vasto labor cultural desenrolado por Isaac Díaz Pardo e Manuel Fabeiro. A cerimonia, que durou máis de dúas horas, desbordou emoción, encanto e entretenemento por tódolos seus poros, ademais de inxectar no auditorio unha sobredose de motivos polos que Galicia e os seus «fillos» deben manter ben alto o listón da autoestima. As intervencións redundaron nunha mesma reivindicación, a de loitar por construir de verdade un país con conciencia de si mesmo.

SARA ARES LEMA

14 may 2002

La Voz recupera «Golfiño», a única revista de banda deseñada publicada en galego

O xornal regalará no Día das Letras Galegas o cómic, que despois estará nos quioscos con periodicidade semanal O «Golfiño» volve ás augas do Atlántico. La Voz de Galicia recupera esta publicación de banda deseñada en lingua galega, que se entregará como agasallo este venres, Día das Letras Galegas. Despois, «Golfiño» estará nos quioscos cada semana, á venda polo prezo de só 50 céntimos de euro. Vellos coñecidos da revista como o can «Palleiro» ou «Os Escachapedras» estarán de novo cos lectores, xunto con incorporacións como os protagonistas do filme «O Bosque Animado» ou Xabarín, da TVG. «Golfiño» pretende acoller ós mellores debuxantes de banda deseñada de Galicia e achegalos a público de tódalas idades.

REDACCIÓN

14 may 2002

O colexio Salustiano Rey Eiras adica unha revista ó escritor Carlos Casares

A Xunta concedeu ó centro o terceiro premio da provincia dentro da campaña «Entre nós en galego» O colexio pobrense Salustiano Rey Eiras está de noraboa. A Xunta acaba de conceder ó equipo de normalizazión lingüística do centro educativo o terceiro premio da provincia coruñesa dentro da campaña «Entre nós en galego» polo traballo feito por este departamento. O colexio celebra ademais o Día das Letras Galegas ca edición dunha revista adicada ó investigador Martín Sarmiento e ó escritor recentemente falecido Carlos Casares. Unha exposición achega tamén ós rapaces a vida e obra destes dous autores.

A. F. N.

14 may 2002

Premiados varios alumnos na campaña de normalización «Entre nós, en galego»

Os centros educativos continúan esta semana coas súas propostas culturais Varios alumnos e tres revistas escolares recibiron premios dentro da campaña de normalización lingüística «Entre nós, en galego», organizada pola Consellería de Educación. A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro día 18, pero ata entón continuarán en tódolos colexios actividades como o encontro que o debuxante Siro López mantivo onte cun nutrido grupo de escolares de Fisterra. En Corcubión esperan inaugurar hoxe un mural pintado polos nenos, e no instituto Alfredo Brañas de Carballo descubrirán mañá unha placa na honra de Carlos Casares. Mentras tanto, os concellos de Laxe e Zas difunden os seus programas.

C. A. M.

11 may 2002

Escolares da zona vencen na campaña «Entre nós, en galego»

Alumnos e profesores recolleron onte os premios Varios colexios da comarca de Deza e Tabeirós acudiron onte a Pontevedra a recolle-los premios da campaña «Entre nós, en galego» da Xunta de Galicia. Os alumnos da zona acadaron o primeiro posto en catro categorías e agora competirán na fase autonómica.

REDACCIÓN

09 may 2002

Preto de sete mil escolares participaron na campaña «Entre nós, en galego»

Felipe Ferreiro asegura que o compromiso «coa lingua» é cada vez maior na provincia de Ourense Os alumnos dos centros de ensino da provincia de Ourense participaron masivamente na campaña «Entre nós, en galego» que promove a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a traverso dos seus gabinetes de Normalización Lingüística. Segundo os datos aportados onte polo delegado de Educación, Felipe Ferreiro, e polo responsable de Normalización, Xosé A. Calviño Martínez, preto de 7.000 escolares ourensáns secundaron a campaña nos seus diferentes concursos e apartados.

REDACCIÓN