TEMA Normalización lingüística

Últimos artículos publicados

07 may 2002

Unha carreria fomentará o uso do galego entre os mozos

«Correlingua 2002» levará ás rúas a estudiantes de primaria e secundaria Estudiantes de primaria e secundaria de toda Pontevedra encherán as rúas da cidade con motivo da celebración o próximo día 14 de «Correlingua 2002». O evento, que tamén se fará noutros puntos do país está organizado por colectivos en defensa da lingua. A intención dos organizadores é sensibilizar os máis novos e fomentar o uso do idioma galego.

REDACCIÓN

04 may 2002

Correlingua uniu en Compostela a 2.500 estudiantes en favor do idioma do país

Centros de ensino de dez concellos da comarca contribuiron á proba con alumnado e docentes Uns 2.500 estudiantes fixeron onte do idioma galego unha festa nas rúas de Compostela. A carreira Correlingua, que iniciou na cidade o seu andamento por once comarcas do país, que finalizará en Vigo na víspera do Día das Letras, foi o pretexto que lles valeu para demostrar que non renuncian á lingua. A participación foi semellante á do ano pasado, coa novidade da presencia de maior número de centros, pois acudiron 28 de Santiago, Boqueixón, Val do Dubra, Rois, Padrón, Ames, Ordes, Dodro, Touro, Teo e Trazo. Tamén se notou esta vez máis profesorado. Entre todos encheron a mañá de mocidade con ar festivo, reivindicativo e positivo.

REDACCIÓN

04 may 2002

Unha carreira popular reivindica de xeito lúdico o emprego da lingua galega

Co gallo das celebracións literarias, é frecuente convocar maratóns de lectura. Desde 1996, o Día das Letras Galegas conta tamén cunha carreira que reivindica o emprego do galego dun xeito lúdico. Este ano, Correlingua xa partiu de Santiago para percorrer vilas e cidades de Galicia. «Fala, non cales» é o lema elixido para este ano. Vencelladas a Correlingua hai outras actividades como un xogo de rol en galego, un caderno con propostas didácticas e un foro en Internet para fomentar o uso da lingua.

REDACCIÓN

02 may 2002

Díaz Pardo recollerá en Noia o premio Leixaprén pola súa defensa do galego

Os organizadores do certame rendirán unha homenaxe póstuma ó filatelista noiés Manuel Fabeiro O intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, fundador do complexo cerámico Sargadelos, é a personalidade elixida pola súa defensa da lingua autóctona para recibir o próximo día 15 o premio Leixaprén, que convocan oito centros de Barbanza, Muros e Noia.

SARA ARES

02 may 2002

Familias gallegas reivindicarán el día 17 en Santiago más escuela en el idioma del país

Los organizadores de la manifestación reclaman que se cumpla la legislación vigente en los centros educativos Familias de toda Galicia se manifestarán el día 17 en Santiago «Polo direito elemental a aprendermos en galego». Padres y madres acudirán a la movilización acompañados de sus hijos, sobre todo con edades entre los cuatro los diez años, la etapa en la que existen más problemas para encontrar un colegio que garantice la escolarización en el idioma del país, según indicó el diputado del BNG, Francisco Rodríguez. Además de esta organización política convocan esta reivindicación la CIG, SLG, Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Nova Escola Galega y los estudiantes de CAE y CAF.

REDACCIÓN

27 abr 2002

Os Premios da Crítica cumpren 25 anos

Os prestixiosos galardóns celebrarán o catro de maio o seu aniversario no Centro Cultural Caixanova Os Premios da Crítica Galicia cumprirán vintecinco anos o próximo sábado, día 4, data na que se celebra en Vigo a entrega dos galardóns. Ó longo da súa historia, ás veces non doada, converteronse nun referente da loita pola normalización da lingua e da cultura galega propiciando un lugar de encontro para a pluralidade ideolóxica. A Fundación dos Premios da Crítica, nacida ó carón do hoxe desaparecido Círculo Ourensán-Vigués, soprará as velas do 25 aniversario nun marco diferente ó habitual, xa que se trata dunha ocasión especial para seguir medrando e apostando pola creatividade en galego e desde Galicia. 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15

B.R.SOTELINO