DÍA DAS LETRAS GALEGAS«Murguía era optimista, pero non era parvo, e por iso denunciou o descenso de falantes», di Santamarina «Sempre fun optimista, pero non ata estes extremos». Así valora o presidente da Real Academia, Francisco Fernández del Riego, a repercusión do Día das Letras Galegas. En canto ó futuro da celebración pensa que «falta a normalización da lingua, que a lingua se utilice normalmente aquí como se utiliza o castelán e que o idioma galego venza tódalas prevencións». A Academia celebrou o acto central do 17 de maio no Paraninfo da Universidade da Coruña, coa presencia do presidente da Xunta, Manuel Fraga.
REDACCION