13 dic 2000
Os escritores portugueses e galegos reclaman accións editoriais conxuntas
Os intelectuais lusos recoñecen a pouca influencia da literatura galega no país veciño Os participantes no encontro «Galego no mundo. Latim em pó» manterán hoxe varias reunións para comezar a chegar a conclusións agás a área de Literatura, que onte celebrou animados debates nos que escritores e intelectuais galegos e portugueses reclamaron máis proxectos editoriais comúns.