«Explorando outras latitudes, en vez de tren, optei por un transporte máis creativo: facer dedo. Atravesei miles de quilómetros por Europa subido en camións de mercadorías, furgonetas de reparto ou tractores de labranza. A escaseza de comodidades compensábase coa abundancia de vivencias»
Antón Santamarina chegou no 61 a Compostela desde San Martín de Suarna, unha parroquia da Fonsagrada, e axiña se interesou polos estudos do galego, «que eran un ermo aquí»