31 mar 2001
Un acto simbólico reclama a asignación da avenida Bouza Brey en Ponteareas
A asociación «Nao Senlleira» imprimiu á homenaxe un marcado carácter reivindicativo Actos institucionais e veciñais lembraron onte en Ponteareas a figura do escritor e antropólogo Fermín Bouza Brey, no día en que se celebraba o centenario do seu nacemento. As actividades organizadas dende o Concello consistiron nunha sesión académica, na que estaba presente a filla do homenaxeado, e no descubrimento dunha placa na casa natal de Bouza Brey. «Nao Senlleira» imprimiu ós seus actos un carácter reivindicativo, reclamando a asignación da Avenida que debería levar o seu nome