08 mar 2001
Angoares reclama un paso peatonal ante o peche da ponte sobre o río Uma
Os veciños deberán dar un rodeo de varios kilómetros para pasar ó outro lado da parroquia O vindeiro luns a Consellería de Obras Públicas iniciará as obras de rehabilitación da Ponte de Angoares. Isto obrigará a pechar a carretera PO-403 que comunica directamente a autovía co centro da vila, o que suporá graves transtornos para os conductores. Nembargantes, ós veciños de Angoares son os mais afectados, xa que se verán obrigados a dar longos rodeos para pasar ó outro lado da parroquia, un problema que quedaría solventado coa instalación dunha pasarela provisional.