14 may 2002
A versión en galego de «O alquimista impaciente» estará o venres nos cines
A segunda longametraxe de Patricia Ferreira para Continental é un filme policíaco «Non hai moitos casos nos que o asasino morra antes cá súa víctima». Con ese engado preséntase ós espectadores «O alquimista impaciente», a segunda longametraxe da madrileña Patricia Ferreira. O filme, coproducido entre outras empresas pola galega Continental, estréase o venres nas salas comerciais de toda España. En Galicia proxectarase a versión en galego nas sete principais cidades e en Vilagarcía. A directora e a meirande parte dos actores do reparto asistiron onte en Santiago á preestrea da película
C.P.