TEMA RAG

Últimos artículos publicados

20 nov 2001

A AS-PG espera que a Academia reconsidere a súa postura sobre a normativa do galego

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega defende que a proposta non fracasou xa que «o traballo máis difícil está feito» A Asociación Socio-Pedagóxica Galega valorou onte a decisión da Real Academia Galega de non aprobar a proposta de cambio na normativa do galego. O presidente da entidade, Xoan Costa, e Alberte Ansede, moderador das sesións nas que se elaborou a proposta, tiveron duras palabras para a Academia, desde «inmovilista» ata que os seus membros desautorizaron os propios compañeiros filólogos, pasando por que a decisión «é unha práctica de exclusión e non de integración cando o idioma necesita sumar e non restar». De tódolos xeitos, Ansede apuntou: «Temos a convicción de que a Academia reconsiderará a súa postura».

REDACCIÓN

19 nov 2001

A Xunta di estar «moi satisfeita» de que a Academia rexeitase a reforma do galego

O director da Instituto da Lingua síntese «desautorizado» como lingüista e cre que é difícil retomar un proceso de reforma na normativa O rechazo por maioría da Real Academia Galega da proposta de modificación da normativa do galego deixou «moi satisfeito» ó conselleiro de Educación e responsable de Política Lingüística da Xunta, Celso Currás, que lembrou que nos días previos á sesión «xa tiña dito que esperaba que a Academia fose responsable sobre este tema». O acordo adoptado o sábado parécelle a Currás «un paso adiante no consenso sobre a normativa que temos». Pola súa banda, o académico e director do ILG, Antón Santamarina, séntese «desautorizado» como lingüista e ve «complicado» que se retome unha proposta para reformar a normativa.

CONCHA PINO

18 nov 2001

Manuel María critica a la Academia por su rechazo a los cambios idiomáticos

El escritor chairego dijo que «a RAG actúa como Paco Vázquez, que é o máximo enimigo da fala galega» El escritor Manuel María recriminó la decisión de la Real Academia Galega de rechazar la propuesta de cambios en el idioma, que fue presentada por los departamentos de Galego de las tres universidades, la Asociación Socio-Pedagóxica Galega y el Instituto da Lingua Galega. Este poeta chairego subrayó durante su intervención en la clausura del primer congreso de Cultura da Terra Cha que «parece que esta xente actúa como o alcalde da Coruña que, como todo o mundo sabe, é o máximo inimigo da fala galega».

JOSÉ MIGUEL LÓPEZ

17 nov 2001

A Academia rexeita as propostas de modificación na normativa do galego

A normativa do galego non será modificada. Despois de debater ó longo de toda a tarde de onte, a Real Academia Galega decidiu por maioría rexeitar a proposta de cambios no idioma, que foi presentada ó organismo polos departamentos de Galego das tres universidades, o Instituto da Lingua Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

XESÚS FRAGA

16 nov 2001

A Academia volve a debater hoxe os posibles cambios na normativa do galego

Na mesma xornada Neira Vilas toma posesión como académico e vótase a entrada como numerarios de Díaz Fierros e Camilo Gonsar Os membros da Real Academia Galega teñen hoxe unha longa xornada. Na orde do día está, de novo, o debate sobre os posibles cambios para acadar unha única normativa do galego, a toma de posesión de Xosé Neira Vilas, a votación para nomear dous novos numerarios da Academia: Camilo González Suárez-Llanos (Sarria, 1931), escritor coñecido como Camilo Gonsar, e Francisco Díaz Fierros (Vilagarcía, 1941), catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola. Tamén serán nomeados varios membros correspondentes. Henrique Monteagudo analiza neste traballo o contido e significado da posible reforma da normativa do galego.

15 nov 2001

Los expertos reclaman cambios en la política lingüística para evitar el retroceso del gallego

Los estudios que se presentan en el congreso que se celebra en el Pazo constatan un descenso del uso del idioma entre los jóvenes El gallego se pierde entre la gente joven. Los estudios lingüísticos más recientes constatan que sólo el 30% de los jóvenes utiliza con cierta regularidad el idioma. La situación del gallego, en contraposición al vasco y catalán, que siguen ganando hablantes entre las nuevas generaciones, es analizada desde ayer en el congreso sobre lenguas no normalizadas que se celebra en el Pazo da Cultura y que reúne a cerca de trescientos participantes. En el marco de este simposio se darán a conocer dos estudios sobre el grado de implantación del gallego, así como el acuerdo normativo que debatirá el próximo sábado la Real Academia Galega.

MARÍA CONDE

10 nov 2001

Neiras Vilas: «A Academia, o himno e a bandeira galega naceron na emigración»

O discurso de ingreso como académico do autor de «Memorias dun neno labrego» tratará da actividade cultural de Bos Aires nos anos 50 «Volta pra terra, emigrante,...». A chamada da cantiga ía para o outro lado do mar, terras alleas de América que acolleron a milleiros de galegos; terras estrañas onde sonou por primeira vez o himno de Pascual Veiga; terras de ventos que facían ondear a que logo sería a bandeira de Galicia; terras cultas nas que naceu a Real Academia Galega. Agora é tempo de retornos e por iso volveu a partitura do himno e volveron as xentes, como Xosé Neira Vilas, un emigrante que vivíu a «época dourada» da cultura galega en Bos Aires, alá polos anos cincuenta, algo do que falará no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.

RODRI GARCÍA