TEMA RAG

Últimos artículos publicados

01 feb 2002

Diálogos 90 entrega hoy los premios a las «Galegas Destacadas» del año

Las galardonadas son Xohana Torres, Aida Fernández y Rosa Fontaíña Desde 1993, el colectivo femenino Diálogos 90 resalta la labor profesional o social de tres mujeres y con tal motivo instituyeron el premio Galegas Destacadas. Mañana, en el Concello de Vigo, recibirán el galardón la poeta y académica Xohana Torres, la coordinadora de la Rede Veciñal contra os Malos Tratos, Rosa Fontaíña, y la bióloga del Instituto de Investigaciones Marinas, Aida Fernández Ríos.

B.R.S.

29 ene 2002

«Fun presidente por disciplina»

Francisco Fernández del Riego, escritor No seu libro «Galicia», Francisco Fernández del Riego fai un percorrido sentimental e impresionista polo país. O ex-presidente da Real Academia Galega, tras deixar o seu cargo, continúa a súa labor na Fundación Penzol de Vigo. Síntese tranquilo porque ten menos preocupacións e máis tempo para adicarse «as miñas cousas», aínda que confesa que vive momentos baixos de saúde. Unha das grandes preocupacións que lle atinxen é ter tempo para rematar as súas «Memorias verdadeiras».

BEGOÑA R. SOTELINO

26 ene 2002

O Plácido Castro premia dúas obras de traducción

Lois Tobío e Valentín Arias foron distinguidos na primeira edición do certame O poderío estético e técnico que caracterizou o traballo de Plácido Castro como traductor non o desmerecen os nomes que onte compartiron o primeiro premio de traducción, creado en homenaxe a este ilustre intelectual. Lois Tobío e Valentín Arias recibiron o favor do xurado polas súas traduccións das obras de Goethe e Diderot, respectivamente.

24 ene 2002

Palabras para Plácido Castro

Vilagarcía principia os actos polo centenario do escritor corcubionés coa charla «Portugal e o galeguismo» Vilagarcía homenaxea hoxe a figura de Plácido Castro, no día no que se cumpren cen anos do nacemento do escritor en Corcubión. Portugal e o galeguismo, dúas das súas grandes preocupacións, serán o eixo da conferencia que imparte o rector da Universidade Menéndez Pelayo, Ramón Villares, na capital arousana. Os actos continuarán mañá coa entrega do Premio de Traducción Plácido Castro, co que se pretende resaltar esta faceta na que foi pioneiro este polifacético intelectual.

23 ene 2002

El Museo dedicará una amplia exposición en mayo a la figura del Padre Sarmiento

La muestra reunirá manuscritos, retratos y bibliografía del autor a quien se dedica el Día das Letras Galegas El Ano Castelao propició en el 2000 tres grandes exposiciones sobre el galeguista en el Museo de Pontevedra. Y en este Ano Sarmiento, la entidad prepara ya otra de sus antológicas más ambiciosas, la dedicada a la extensísima obra del autor homenajeado este año por la Real Academia Galega, con manuscritos, diversa iconografía y bibliografía del escritor. Además, el Museo prevé desarrollar otro nuevo ciclo de conferencias sobre la figura de Sarmiento entre los meses de abril y mayo.

MARÍA CONDE

23 ene 2002

Unha campaña reivindica a celebración do Día das Letras Galegas en Villafranca

A casa onde naceu o homenaxeado deste ano, frei Martín Sarmiento, foi derrubada na localidade berciana hai varios anos As linguas superan límites xeográficos. É o que pensa un grupo de persoas que vén de elaborar un manifesto no que piden á Real Academia Galega que Villafranca del Bierzo sexa escenario dos actos institucionais do Día das Letras. O documento será apoiado por unha recollida de sinaturas e servirá de campaña a prol do galego en Asturias e Castela e León.

XESÚS FRAGA

22 ene 2002

Barreiro: «Invito a loitar entre todos para que a nosa lingua non se extinga»

O presidente da Academia afirmou nunha charla con internautas que perder o idioma é «perder a identidade» Era a primeira vez que o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, se enfrentaba ás preguntas dos internautas. Empregou algo máis dunha hora en respostar a 26 cuestións que tanto atinxían á institución que preside dende decembro, como ó futuro do galego e a súa normativa, e mesmo a figura de Camilo José Cela.

REDACCIÓN

18 ene 2002

A Fundación Plácido Castro inicia os actos de homenaxe polo centenario do escritor

Vilagarcía será escenario da conferencia anual e da entrega do primeiro premio de traducción na súa honra Cada anaco dos pensamentos de Plácido Castro, cada unha das súas moitas facetas, cada un dos temas que preocuparon en vida ó escritor, serán recuperadas da memoria neste ano do seu centenario. A fundación que leva o nome deste polifacético intelectual xa ten preparado un longo listado de recompilacións, homenaxes, e guías para seguir a figura do xornalista, do traductor, do galeguista, do ensaista...Vilagarcía foi o municipio escollido para a celebración da terceira conferencia anual e para a entrega do primeiro premio de traducción creado na súa honra. O 2002 será o ano de Plácido Castro en terras do Salnés.

16 ene 2002

Barreiro cre que Pontevedra acollerá o acto oficial do Día das Letras Galegas

A Real Academia vai decidir a sede en febreiro, pero o seu presidente afirma que a cidade «ten tódalas posibilidades» A cidade de Pontevedra ten «tódalas posibilidades» para acoller o acto oficial do Día das Letras Galegas en homenaxe a Frei Martín Sarmiento. Así o cre o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, quen non obstante recoñeceu que o plenario deste organismo tomará unha decisión no próximo mes de febreiro. O que si parece claro é que esta celebración non vai ter lugar en Villafranca del Bierzo porque, segundo Barreiro, «é un día para a exaltación do idioma e non un acto folclórico».

MARÍA CONDE