08 jun 2002
«Falta mentalidade de producir para vender»
Ramón Piñeiro Creo, propietario dunha plantación de viñedos na parroquia boirense de Cespón Aínda que a súa faceta laboral discorre no mar, o que realmente lle gosta ó veciño de Cespón Ramón Piñeiro Creo é estar en terra firme, xa que a súa verdadeira paixón é a viticultura. El é un dos moitos pequenos cosecheiros da comarca que están dispostos a loitar para que pase a formar parte da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas. Sabe que características naturais, á zona non lle faltan, pero é consciente da necesidade de reestructurar o sector e de apostar por especies autóctonas e de calidade. Este boirense incluso ten xa elexida a variedade que podería converterse na insignia do Barbanza: o raposo.