TEMA Ramón Piñeiro

Últimos artículos publicados

09 mar 2002

Francisco Fernández del Riego recibe o agradecemento da intelectualidade galega

Unha ampla representación da cultura de Galicia congregouse en Vigo nunha homenaxe ó ex-presidente da Real Academia Unha ampla representación do mundo da cultura galega coincidiu onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo co gallo de entonar un himno á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, «don Paco». O acto convocouno a Fundación Premios da Crítica coma homenaxe ós setenta e un anos que Fernández del Riego leva adicados á defensa da cultura e a identidade galega. Coincide este aplauso colectivo co recente abandono voluntario de don Paco da Real Academia Galega, que viña presidindo dende o ano 1997. Os diferentes oradores recoñeceron a Francisco Fernández del Riego como «o patriarca das letras galegas».

JORGE LAMAS

09 mar 2002

Aire fresco no Consello da Cultura

Casares foi elixido como terceiro presidente deste organismo autónomo en outubro de 1996 e reelixido no 2000 Con el entrou aire fresco no Consello da Cultura Galega. Carlos Casares foi o terceiro presidente deste organismo autónomo, elixido en 1996 trala morte de Filgueira Valverde, que á súa vez tomara o relevo de Ramón Piñeiro, e reelixido en decembro do 2000. Á fronte desta institución demostrou, unha vez máis, o seu talante conciliador e dialogante e a súa visión positiva para resolver situacións comprometidas. Home curioso e ávido de estar ó día, falaba con entusismo do Portal en Internet do Consello e de que unha gran parte das 350.000 visitas que recibiu o pasado ano foron galegos que están fóra.

C. P.

09 mar 2002

Coa morte de Casares Galicia perde unha porta aberta ás literaturas do mundo

No seu labor como editor compaxinou a recuperación dos clásicos co apoio ós novos autores A penas pasaron dúas semanas. Aquel día, na súa casa de Vilariño, mentres o sol marchaba máis alá dos montes camiño do Atlántico, Casares reflexionaba en sobre o futuro das letras de Galicia, e falaba con esperanza. El, que era unha porta aberta a tódalas literaturas do mundo, que amaba tanto os libros e que sabía que a alma tamén habita nas palabras, confiaba nos autores novos. Dicía que os manuscritos que lle chegaban ás mans demostraban que o galego é, coma un tesouro, unha grande lingua literaria.

RAMÓN LOUREIRO

05 mar 2002

La Voz entrega a «Filosofía da saudade»

Ramón Piñeiro buscou no fondo da alma ás razóns dun sentimento de marca na identidade galega A saudade é un sentimento que nace de vivir á beira do abismo que se abre entre ás dúas identidades que aniñan nos recunchos da personalidade, asegura o antropólgo Manuel Mandianes. Ë fondo da alma dos galegos mirou Ramón Piñeiro para escribir e falar da saudade, unhas razóns, argumentos é explicacións recollidas no libro «Filosofía da saudade» que La Voz de Galicia entrega mañá polo prezo dun euro, máis o custo do xornal. A obra recopila varios textos soltos do ilustre galeguista.

REDACCIÓN

03 mar 2002

«Filosofía da saudade» , a obra que elevou a saudade a rango metafísico

O libro de Ramón Piñeiro entra a formar parte da Biblioteca Galega 120 Para os de fóra os estados emocionais que definen pobos e diferencian culturas funxen de ordinario como marcas que designan un carácter e orientan as posibles conductas. Pero coa función nace o perigo. LECTURAS CUALIFICADAS

ANDRÉS TORRES QUEIRUGA, teólogo e amigo persoal de Ramón Piñeiro

03 mar 2002

CULTURALISMO

MANUEL AYÁN, membro da aula Castelao de filosofía

28 feb 2002

Achegarse á historia da música tradicional galega

O conservatorio lalinense acolle cursos de violín, oboe e piano O Conservatorio de Folque de Lalín organiza un novo curso monográfico que está adicado, nesta ocasión, á historia da música tradicional galega entre 1850 e o 2000. O curso que comeza hoxe terá continuidade ó longo de tódolos venres deste mes en horario de 17 a 19 horas. As clases serán impartidas polo músico e historiador Ramón Piñeiro. Por outra banda, o músico Kim Fariña inicia hoxe un curso de violín e ás dez da mañán comeza un masterclass de piano.

AMELIA FERREIROA

24 nov 2001

As tecnoloxías dictan o futuro das linguas minoritarias

A globalización marcou as conclusións da conferencia de Compostela Garantir e preservar a identidade cultural nun contexto globalizado implica dotar as linguas minoritarias de medios e instrumentos tecnolóxicos. Foi o eixo das conclusións a que chegaron os expertos reunidos que Compostela na oitava Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias que rematou onte. Con todo, a sobrevivencia depende de que se falen, do seu uso social, para que sexan unha realidade viva. Outro punto destacado foi o beneficio do ensino bilingüe, co que o rendemento dos alumnos é igual ou mellor que o dos monolingües.

C.P.

23 ago 2001

Marcelino Agís reúne por primera vez en un libro a los pensadores gallegos

El autor considera que en la actualidad «xa se está debuxando unha filosofía con carácter propio» en Galicia Marcelino Agís, doctor en Filosofía en la Universidad de Santiago, es autor del primer libro que reúne a los principales pensadores gallegos de la historia, desde la Antigüedad al siglo XX. La obra «Crónica viva do pensamento galego» pretende ampliar los temas de estudio de la cultura gallega «que no eido da filosofía aínda non está consolidada».

MARÍA CONDE

14 jul 2001

«Os mellores diccionarios e enciclopedias deben estar en galego para os alumnos»

XAVIER DE VALE A ENTREVISTA Xesús Pablo González Moreiras, director xeral de Política Língüística, aposta por potenciar a utilidade do idioma O ex-delegado de Educación en Lugo, Xesús Pablo González Moreiras, leva xa un ano ó fronte da Dirección Xeral de Política Lingüística. Un ano de traballo moi intenso no que se desenvolveu a campaña «Entre nós, en galego», dirixida non só ó mundo do ensino senón tamén aberta ó mundo empresarial e social. O primeiro é espalla-lo uso da língua galega, prestixiándoa e xunguíndoa tamén a todo o que en Galicia se pode atopar de calidade. Outro dos eidos a conquistar para o uso do galego é Internet, implantando na rede axudas valiosas coma correctores ou traductores de galego moi avanzados.