18 jul 2000
O poeta quixo que o seu legado literario quedara na Universidade de Santiago
Os sete mil volumes de poesía da súa biblioteca estarán na Facultade de Filoloxía A memoria de José Ángel Valente quedará ligada a Santiago para sempre e por decisión expresa do poeta. Quixo que a Universidade de Santiago fose a depositaria do seu importante legado bibliográfico e documental. A centenaria institución académica correspondeu de inmediato. Creou a cátedra «José Ángel Valente de poesía e estética contemporánea», que xa non poderá inaugurar o poeta como era o seu desexo, e investiuno doctor Honoris Causa, unha distinción que recibiu, emocionado, en decembro.
CONCHA PINO