17 ene 2001
A biblioteca Ánxel Casal poñerase en marcha co fondo das editoriais galegas
Ocupará 300 metros cuadrados da segunda planta do futuro centro cultural do Grupo Sargadelos A futura biblioteca pública Ánxel Casal, que estará ubicada no centro cultural que vai crear o Grupo Sargadelos no edificio da rúa Nova 16, podería incorporar máis fondos bibliográficos cos arredor de 20.000 que, de entrada, vai aportar a Asociación Galega de Editores. Este proxecto, que será realidade nun par de anos, leva aparellado o da catalogación tanto destes títulos como de toda a producción dispersa, como as publicacións editadas en América e as promovidas por outras entidades públicas.
CONCHA PINO