A figura, deseñada por Xosé Vizoso a partir dun traballo de García Alén, presentouse no Museo do Pobo Co torno á cabeza, de casa en casa, e cos rapaces aferrados ás saías. Elas sabían ben cómo querían as paisanas as olas, de que dimensións e feitura. A súa arte era un oficio, a maneira de gañalo pan. Luciano García Alén, avezado investigador da cerámica popular galega, indagou o quefacer das oleiras e constata a existencia de afamadas mulleres, ás que Sargadelos rinde unha homenaxe, personificada en Lola de Penelas, de Gundivós, cunha figura deseñada por Xosé Vizoso que se presentou no Museo do Pobo.
CONCHA PINO