09 may 2002
Ir Indo presentou un libro de Mandianes sobre o burro
Nesta edición de luxo colaboraron os artistas Antón Pulido e Juan Oliveira A editorial Ir Indo presentou onte na Casa do Libro en Vigo o libro «O burro». A publicación é unha edición de luxo que recolle o traballo de investigación do antropólogo ourensán Manuel Mandianes. Desta obra Ir Indo fixo unha tirada de 1.000 exemplares, 150 dos cales pertencen a unha edición limitada que presenta xuntos o volume en castelán e en galego nun estoxo encadernado en seda, acompañado dunha escultura en bronce de Juan Oliveira -recentemente desaparecido- e unha serigrafía de Antón Pulido.
X.M.R.