02 feb 2002
«Xa casi fago o cambio de memoria»
Rosario Portas, propietaria dunha tenda de alimentación en Cambados Rosario Portas leva casi trinta anos tra-lo mostrador da seu comercio de alimentación de Cambados. A de «Sarito», como se coñece o establecemento, é das poucas tendas de barrio que seguen na brecha, a pesares da proliferación dos supermercados. O segredo non é outro que a fidelidade da clientela, algo que tamén lles favoreceu á hora de traballar co euro. Neste último mes non tiveron ningún problema coa moeda e Rosario xa casi fai o cambio de memoria.