31 ene 2002
Os mestres presentan un xogo de mesa con preguntas e respostas da comarca
«Salnésxogo» está pensado para os alumnos de Secundaria, pero é un bo pasatempo para toda a poboación A Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística leva xa moitos anos traballando pola difusión do idioma na comarca con moitas e interesantes iniciativas. Pero a máis orixinal foi presentada onte no instituto Armnado Cotarelo Valledor. Trátase dun xogo de mesa semellanto ó Trivial con preguntas e respostas da comarca que abrangue diversos apartados como humanidades, cultura, xeografía, ocio ou deportes. Co patrocinio de Caixanova realizáronse mil exemplares. Douscentos foron xa distribuídos polos centros de ensino medio da comarca. Tamén hai unha edición en CD-Rom.