TEMA Xesús Alonso Montero

Últimos artículos publicados

11 sep 2001

Setenta expertos falan de Curros

Compostela acolle desde mañá o primeiro congreso internacional sobre a figura do autor de «Aires da miña terra» A figura de Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851-A Habana, 1908) reune desde mañá en Compostela, no Consello da Cultura Galega, a setenta expertos que falarán da vida e obra dun home que puxo en verso o seu amor a Galicia: «¡Ti sólo, Galicia santa!/ ¿Ti, que no antiguo señora,/ escrava ximes agora/ dos caciques baixo a pranta!/ Véndote entre pena tanta,/ Teus bravos fillos ¿que fan?.../ ¿En que pensan?... ¿Onde están, que non collen os fouciños/ e botándose ós camiños/ a redimirte non van?», di no poema «¡Pola unión!». Este congreso internacional rematará o día 16 na Coruña, diante do munumento a Curros

REDACCIÓN

04 sep 2001

Dúas mil follas para Lueiro Rey

Case 40 textos foron presentados á novena edición do premio literario do Concello do Grove Casi 40 exemplares van ter que ler os integrantes do xurado antes de decidir quen gaña este ano o premio Manuel Lueiro Rey de literatura. Onte dábase por pechado o prazo para a entrega dos orixinais. E a expensas de que chegue algunha copia que se poidese perder nos despachos de Correos, o número total de aspirantes ó premio é o 38. Unha cifra considerable, xa que significa doblar o número de textos remitidos o ano pasado, cando se endureceron as bases ó entrar na organización a editorial Sotelo Blanco, que publica as obras gañadoras. A colaboración entre esta firma e o Concello parece empezar a dar froitos.

01 ago 2001

Cultura non rima con dictadura

Alonso Montero recordou en Catoira as mil formas en que se manifestou a resistencia ó franquismo «En contra do que pode parecer, Cultura non rima con dictadura». Con esta sentencia finalizou Alonso Montero a súa intervención de onte na xornada matinal que abría as xornadas sobre «A resistencia cultural de Galicia no franquismo». O profesor pronunciou o que no programa se denomina «lección inaugural» e que foi un paseo irónico, nostálxico e tamén dolorido, sobre as circunstancias que conformaron a súa resistencia ó réxime de Franco e tamén pola forma en que a represión do réxime influíu no carácter e na producción cultural galega de aqueles anos baixo a dictadura.

27 jul 2001

Atracón festivo en Arousa

La Festa do Albariño y la Romaría Vikinga llenan la semana que viene de espectáculos Los aficionados a la fiesta van a necesitar una buena brújula para no perderse entre los numerosos actos que se organizan en la comarca de Arousa. El «atracón» lúdico comienza este fin de semana: El antepregón de las fiestas del Albariño de Cambados dará luz verde a una apretada agenda de espectáculos que incluye, en los próximos siete días, casi un concierto por noche. El lunes se suman a la oferta festiva los «bárbaros» visitantes del norte, que darán comienzo a la Romaría Vikinga de Catoira con una obra de teatro, «A sombra da traizón». Cambados y Catoira coinciden el 5 de agosto con su «día grande».

15 jul 2001

A Fundación Rosalía publicará antoloxías da autora en castelán e inglés

A institución conmemorou onte na Casa-Museo de Padrón o 116 aniversario do pasamento da escritora O pobo e a cultura de Galicia lembraron onte en Padrón a figura de Rosalía de Castro no 116 aniversario do seu pasamento. Numerosos fieis devotos da autora déronse cita na Hortiña da Paz da Casa-Museo de A Matanza chamados pola Fundación rosaliana, que aproveitou para anunciar a próxima publicación dunha antoloxía poética en castelá e, máis para adiante, doutra en inglés. Houbo, ademais, unha clara crítica ós «actuais gobernantes» que «favorecen máis» a prosa de Cela que a poesía de Rosalía.

UXÍA LÓPEZ

14 jul 2001

La Voz recupera cunha historia de policías e misterio a tradición da novela por entregas

Marilar Aleixandre gañou o premio convocado polo xornal coa obra «Unha presa de terra» Alguén atopa o cadáver dunha muller dentro dun ascensor. A detective Ana Candeán ten que facerse cargo do caso non por gusto, senón porque llo pide unha amiga que é ademais, irmá da asasinada. Esta é a trama da historia gañadora do primeiro premio de novela por entregas convocado por La Voz de Galicia, e que os lectores poderán seguir nas páxinas do xornal desde o primeiro de agosto co título «Unha presa de terra». Ata que o xurado abriu a plica, ninguén sabía que o seudónimo misterioso de Estella Jones corresponde a unha das grandes plumas das letras galegas: Marilar Aleixandre, quen promete moita emoción no seu relato.

26 jun 2001

O xoves presentarase en Monforte o libro máis completo sobre Manuel María

A obra e a vida do poeta centran unha obra editada polo colectivo Xermolos na que colaboran 130 persoas Na galería Sargadelos de Monforte será presentado o próximo xoves o libro «Manuel María», a obra máis extensa aparecida ata agora sobre o célebre poeta e escritor. A publicación, promovida pola asociación Xermolos de Guitiriz, recolle máis dun centenar de colaboracións das figuras máis destacadas da cultura galega actual. Fillo adoptivo de Monforte e veciño da cidade do Cabe durante catro décadas, Manuel María destaca como un dos autores máis inquietos e prolíficos da historia das letras galegas.

FRANCISCO ALBO