TEMA Xesús Alonso Montero

Últimos artículos publicados

07 jun 2001

Un cento de intelectuais renden homenaxe á figura de Manuel María

Xermolos recopila nun libro ensaios, artigos, e poesías sobre o poeta chairego Aínda que é considerado o poeta da Terra Cha, a obra de Manuel María trascendeu a paixón pola paisaxe natal e se preocupou por Galicia dun xeito global. Por eso non é de estrañar que un cento de persoas do ámbito da creación galega colaborase nun volume que á vez é estudio e homenaxe ó escritor chairego. Editado pola asociación cultural Xermolos de Guitiriz, o libro supera as setecentas páxinas, nas que se analizan a vida e a obra de Manuel María, ademais de recopilar poemas, debuxos e fotografías.

XESÚS FRAGA

02 jun 2001

Sarmiento, o primeiro defensor do galego, protagonista do Día das Letras do 2002

Frai Martín, calificado por Filgueira Valverde como o pai do Rexurdimento, é un pioneiro nos estudios filolóxicos da lingua galega Pedro José García Balboa, coñecido como frai Martín Sarmiento, será o protagonista do Día das Letras Galegas do 2002, segundo acordaron onte os membros da Academia Galega, en sesión plenaria. Para Filgueira Valverde, Sarmiento «¡foi o pioneiro do Rexurdimiento!», decía neste xornal o intelectual pontevedrés o 9 de marzo de 1995, día no que se cumplían trescentos anos do nacemento, en Villafranca do Bierzo, do que é considerado como o primeiro defensor da lingua galega.

R. GARCIA

17 may 2001

San Clodio recoñece a Eladio Rodríguez

A FESTA DA FALA O manifesto do Partido Popular en defensa da lingua provocou o rechazo do PSOE e BNG ó consideralo hipócrita e oportunista Eladio Rodríguez recibiu onte na terra que o veu nacer a homenaxe conxunta dos membros da Real Academia Galega, dos seus familiares, e dos veciños de Ribadavia que viviron as vintecatro horas do Día das Letras Galegas lendo, sen interrupción, parte da obra dun escritor moi vencellado á comarca do Ribeiro. Na sesión extraordinaria da Academia interviron Xesús Alonso Montero, García Bodaño, Antón Santamarina e Fernández del Riego. Todos eles loubaron a traxectoria literaria de Eladio Rodríguez, unha hora antes de que o Partido Popular celebrase a cen metros un acto que provocou a polémica nos partidos da oposición.

EMMA ARAÚJO / M. CHEDA

16 may 2001

Galicia dá lustre hoxe ás súas letras

A FESTA DA PALABRA / A Real Academia Galega reúnese en sesión pública no mosteiro de San Clodio para homenaxear a Eladio Rodríguez «Esta semana xa sabes: poña un escritor na súa mesa», ironiza unha autora galega explicando o feixe de peticións recibidas para participar en todo tipo de institucións falando do Día das Letras Galegas. Galicia quere hoxe darlle lustre ás súas letras, unha xornada na que o mediodía terá lugar o acto central da celebración no mosteiro de San Clodio, en Ourense. Alí, os membros da Academia participarán nunha sesión extraordinaria pública para homenaxear a Eladio Rodríguez González. Case á mesma hora, na alameda de Compostela terá lugar unha manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema «O galego no ensino, materia pendente». No resto de Galicia o número de actos son incontables.

RODRI GARCÍA

12 may 2001

«As multas, as prohibicións e as presións impediron o avance da Nova Canción Galega»

Benedicto García Villar, integrante de Voces Ceibes Fala e non para. Benedicto García Villar (Benedicto, sempre), un dos integrantes e impulsores de Voces Ceibes, acaba de cumplir 54 anos. Ten toda a documentación, e todo o poder de evocación, daquel movemento musical e social, daquel soño iniciado na súa Compostela natal hai 33 anos. O cantor lembra agora as palabras e as melodías, moitas veces prohibidas, en tempos de represión e dictadura. Tamén de axitación universitaria nun Santiago que se adiantou en meses ó Maio francés. Era 1967 e cantara «Al vent» Raimon no estadio da Residencia. Un ano despois entraría na escena un novo alento e sonaría por vez primeira o galego naquela universidade. O que segue son anacos da memoria dun tempo e dun país. Lembranzas do cantor que fala e non para.