Álex López-Benito

Últimos artículos publicados

08 jul 2024
Debate entre la generación Z y la millennial.

Generación Z vs «millennial»

El debate sobre la generación de cristal, salud mental, sexo y cuidado

ÁLEX LÓPEZ-BENITO, SENÉN ROUCO, JORGE PUBUL

30 may 2024
Francisco Fernández, fundador de Automoción Vilar do Colo

Francisco Fernández, de Automoción Vilar do Colo, en «De 0 a 100»: «Co lixo facturamos case 3 millóns ao ano»

«O 98 % do noso negocio é o lixo», di Francisco Fernández, fundador de Automoción Vilar do Colo. Formado no IES de Fene no eido da automoción, centrou o seu negocio na reparación, venda e aluguer de maquinaria de limpeza e camións do lixo. Unha especialización que agora considera «un piar fundamental» do grupo de empresas que lidera, no que figura tamén un taller de vehículos lixeiros e un negocio de transporte de formigón. Foi en 2018 cando deixou a multinacional na que estivo durante 13 anos reparando vehículos de xestión de residuos de catro países diferentes e decidiu emprender o seu propio camiño. «Realmente empezar empecei no mundo dos recambios, que non me gustaba, despois nesa empresa na que estiven adquirín moitos coñecementos e agora, seis anos despois damos traballo a 25 persoas», sinala orgulloso do camiño percorrido. Ao alumnado do que foi o seu centro aconselloulle «equivocarse» e, especialmente, empregarse «no que lle gusta a un» porque o máis importante que temos é «o tempo», que «é o noso ben máis prezado». A diversificación parece estar presente tamén nos plans a medio prazo deste empresario cabanés, que pensa en ampliar as súas instalacións e mesmo estuda realizar unha operación inmobiliaria proximamente

Iago García / Alex López-Benito / Senén Rouco

23 may 2024

InlineLucas

Vídeo: Álex López-Benito / Fotos: César Quián

16 may 2024

Rubén Fernández, de Casa Castelao, en «De 0 a 100»: «En 2018 chorei diante de dous clientes, pensei que tiñamos que pechar»

Casa Castelao, nacida hai un cuarto de século na Fonsagrada, é unha homenaxe ás matanzas tradicionais de dona Carme, a avoa do actual conselleiro delegado de empresa, Rubén Fernández. Dende a montaña lucense, a 1.000 metros de altitude, está especializada en produtos de porco. «Grazas a nós, o butelo, tan tradicional aquí, chega a moitos lugares», sinala orgulloso Fernández. Tamén salazóns, destacando o lacón e a panceta. Xamón, chourizo... «temos en total 35 referencias no noso portafolio e a calidade dos nosos produtos é moi aprezada en Galicia, que era unha das nosas preocupacións». O empresario volveu ao centro no que el mesmo estudou, o IES Fontem Albei da Fonsagrada, para compartir no programa que La Voz de Galicia realiza coa colaboración da consellería de Educación, os segredos do empredemento empresarial. «O meu principal consello é que non teñan medo a equivocarse, que se formen e que arrisquen. Eu mesmo no 2018 chorei e non me da vergoña dicilo diante de dous clientes porque pensei que tiñamos que pechar», lembrou diante das cámaras. Agora, seis anos despois, parece superada aquela crise da peste porcina africana que tamén afectou aos produtores europeos. «Tamén a guerra de Ucrania provocou que aumentaran os nosos custes de produción pero non pensamos rebaixar a calidade da nosa materia prima, así que temos que subir os prezos procurando manter un equilibrio pero sen perder», detalla sobre a actual situación no mercado. Casa Castelao mantén unha notable presenza na zona norte peninsular e tamén en Portugal e o obxectivo é medrar na exportación, estando xa presentes en países europeos e nalgúns ao outro lado do Atlántico como a República Dominicana ou México

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO