Unha breve intervención nun acto de toma de posesión deixou presentado ao novo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil Nesta. Unha toma de posesión con biblia, crucifixo e xuro na que o novo director recoñeceu a súa falta de relación co sector cultural pero no que asegurou que o país «ten dereito a unha industria cultural».