17 nov 2001
A perda de forza das asociacións culturais fixo menguar os actos
As alternativas que se barallan para darlle pulo á data van desde maratóns de lectura ata concertos de música Tódolos asistentes ó debate sobre a celebración do Día das Letras Galegas convocado por La Voz de Galicia coincidiron en salientar a importancia que ten a sociedade civil nos actos dese día e tamén o pouco que participa actualmente. A necesidade dunha movilización nas cidades para recuperar unha festa, como se recuperaron o antroido ou os maios, é algo no que todos están dacordo. Os contertulios barallan alternativas que van desde maratóns de lectura ata actuacións musicais nas prazas.
R.G.