Ribadavia, o esceario de Galicia
A capital do Ribeiro abre esta noite a MIT coa representación a cargo do Centro Andaluz de Teatro O barrio xudeo de Ribadavia volverá a convertirse hoxe no esceario teatral de Galicia. Durante unha semana as rúas da capital do Ribeiro, o auditorio do Castelo dos Sarmiento, a Praza Maior e a igrexa da Madalena serán os escearios donde se irán sucedendo as dazaseis representacións incluidas no programa da Mostra Internacional de Teatro. O recente Pedrón de Ouro, o dramaturgo e actor Manuel Lourenzo, será o encargado de abrir a MIT co seu pregón. As representacións comezarán ás 23.30 horas no auditorio do Castelo, donde o Centro Andaluz de Teatro representará «Otelo el Moro».
X.M.R. / E.A.