«Se os océanos da nosa Terra morresen, isto é, se dalgún xeito a vida de súpeto desaparecese deles, sería a máis formidable, pero tamén a máis definitiva, das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta». Así expresou o explorador francés Jacques Yves Cousteau a súa preocupación pola deterioración dos mares hai preto de cincuenta anos, coñecedor da riqueza e o valor da vida que albergan e das ameazas para a súa conservación.
Susana Pérez