11 may 2002
O CGAC celebra o Día dos Museos ó longo da semana
O programa de actividades inclúe a proxección de cortos A celebración do Día Mundial dos Museos o día 18 animou ó Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a concentrar entre mañá e o vindeiro sábado un programa de actividades artísticas nas que o público pode intervir como espectador ou de forma activa. A mundialización dos museos como promotores do respecto e axuda ás culturas máis débiles centra este ano a efeméride.
REDACCIÓN