19 abr 2002
O proxecto «Ponte nas Ondas» reforza á tradición oral na sociedade do futuro
Cincuenta centros educativos de Europa, África e América participaron onte da experiencia radiofónica A tradición oral saíu onte fondamente fornecida cos diferentes traballos radiofónicos presentados polos cincuenta centros educativos participantes na xornada interescolar «Ponte nas Ondas». Dende as 9.45 horas, alumnos de colexios de Galicia, Portugal, Guinea-Bissau, Cuba e Brasil abordaron os diferentes eidos do tema plantexado polos organizadores: O patrimonio intanxible. As catorce horas de radio foron emitidas ó traveso de seis estacións radiofónicas de Galicia e Portugal, e tamén ó traveso de Internet.