12 sep 2000
Caneiro, Camilo Franco e Riveiro Coello piden máis fe na literatura galega
A Fundación Fernández Latorre celebrou onte un debate cultural no Liceo Ourensán Galicia ten canteira de escritores. Os galegos debemos crer máis en nós. Hai que apostar pola literatura como industria rendible. Velaí algunhas das ideas verquidas onte no debate que sobre a narrativa novel galega celebrouse no Liceo Ouresán baixo a organización da Fundación Fernández Latorre, do Grupo Voz. Falaron Caneiro, Riveiro Coello e Camilo Franco.
JESÚS MANUEL GARCÍA