09 dic 2000
Compostela reúne no encontro «Latim em pó» a cultura galega e lusobrasileira
Artistas e creadores de tódalas áreas compartirán cinco días de debates e actividades abertas ó público A cidade bulirá como unha fervenza ó longo desta semana co Encontro Galego no Mundo «Latim em pó», que vai reunir en Compostela a perto de douscentos creadores e artistas de Portugal, Brasil, Mozambique, Timor, Guinea-Bissau e Galicia. Os debates e xuntanzas por áreas completaranse cunha ampla oferta de actividades e espectáculos abertos ó público en xeral, que mostrarán a riqueza, vitalidade e pluralidade cultural de pobos tan distantes e distintos como próximos no alento da fala que comparten.
REDACCIÓN