Hoxe os profesores non falan do que eles ensinan, senón do que lles aprenderon os seus alumnos
Hoxe os profesores non falan do que eles ensinan, senón do que lles aprenderon os seus alumnos
lavozdelaescuela

Entrevista a cinco profesores: «Que aprendín eu dos meus alumnos?»

Así, ás toas, preguntamos a cinco profesores que, ademais do seu labor profesional na escola, traballan nestas deliciosas tarefas de Prensa-Escuela cos seus artigos, leccións, enquisas, páxinas enteiras e coordinación gráfica de todo canto aquí aparece. A resposta, naturalmente, tiña que ser breve, aínda que a intensidade de tarefa conxunta profesor-alumno é sempre inenarrable. Buscamos, xa que logo, a impresión, o sentimento, a interacción de traballar xuntos e lograr obxectivos en común e con perspectivas de futuro: a súa colaboración escrita resulta breve, pero suficientemente indicativa. Ao final de cada intervención, ofrecémoslle un pequeno obsequio-premio; un brinde por unha Noticia do día, xa editada, e que talvez o anime máis aínda na súa liña profesional. Grazas aos cinco!... E felices vacacións 2019!