Un gran crucero embiste a un barco amarrado en un canal de Venecia.Varias persoas visitando o museo do Partenón na Acrópole de Atenas, Grecia, durante unha celebración pasada da Noite Europea de Museos
Varias persoas visitando o museo do Partenón na Acrópole de Atenas, Grecia, durante unha celebración pasada da Noite Europea de Museos

A Noite Europea dos Museos 2019

A Nuit Européenne des Musées foi creada en 2005 polo Ministerio de Cultura e da Comunicación de Francia. Durante unha apertura nocturna, os visitantes poden descubrir gratis as coleccións dos museos e todos os actos especiais organizados para ese día. A Noite dos Museos ten como obxectivo facer que estes sexan máis accesibles ao público en xeral e en particular a un novo público, máis mozo. Quere xerar tamén unha rede europea nunha cita común festiva e amigable. O Consello de Europa e a Unesco apadriñan o festival, e a Federación Francesa de Amigos dos Museos e a Reunión dos Museos Nacionais franceses son socios institucionais. Por estas razóns situamos a información especialmente sobre actividades da Nuit Européenne des Musées que teñen lugar en Francia e a súa repercusión, sen dúbida creativa e orixinal, no noso hábitat educativo máis próximo.