A metade dos desperdicios que xeramos poderíanse converter en compost para nutrir a terra
A metade dos desperdicios que xeramos poderíanse converter en compost para nutrir a terra

O 95 % dos alimentos veñen do solo

Os solos sans non só constitúen a base para obter os alimentos, combustibles, fibras e produtos médicos, senón que tamén son esenciais para os nosos ecosistemas, e desempeñan un papel fundamental no ciclo do carbono, almacenan e filtran a auga, e melloran a resiliencia fronte a inundacións e secas. A terra, o solo, ofrécenos hoxe o mellor pupitre de estudo que centramos nas sete leccións iniciais que falan da súa importancia para a alimentación humana e finalmente nos ofrecen os puntos máis importantes para desenvolver este menú nas aulas.