.Plantación de árbores autóctonas no monte de Froxán
Plantación de árbores autóctonas no monte de Froxán

Cando os bosques son noticia

En primeira páxina explicamos un pouco en que consiste e que se pretende co Día Internacional dos Bosques 2018, aprobado pola ONU o 21 de decembro do 2012. Agora pretendemos distraernos un pouco máis vendo a beleza que os bosques nos ofrecen e, por suposto, recollendo de La Voz de Galicia algunhas noticias nas que se comproba o esforzo de quen loitan por manter en pé e cor viva a súa fermosura, valía e encanto. Non abonda con que os bosques existan, por belos que sexan. Hai xente, moita xente, esforzada xente, que os mantén. Uns, de lonxe, inventando programas e leis para que non se destrúan. Outros, a pé de tronco, para que vivan. Podes conectar coa noticia completa escribindo na lupa da versión dixital de La Voz o titular de cada unha.

chuchogarrido@icloud.com