OMS

Os expertos advirten que os cigarrillos electrónicos non son inocuos
Os expertos advirten que os cigarrillos electrónicos non son inocuos

O tabaco é unha importante causa de mortalidade e de morbilidade en España

O tabaquismo constitúe actualmente a principal causa de mortalidade e morbilidade (proporción de persoas que enferman nun lugar e tempo determinados) evitables en Espan?a e no resto dos países desenvolvidos. Estímase que a media é de 51.870 mortes ao ano en España, con tendencia á diminución nos homes e ao aumento nas mulleres, nas que as mortes por cancro de pulmón duplicáronse nos últimos 20 anos. Tanto o consumo de tabaco como a exposición ao fume ambiental son factores de risco de numerosas patoloxías. Recollemos estes datos oficiais da «Revista Española de Salud Pública» (https://bit.ly/2JA0Q5S) e propomos algunhas noticias do xornal para debater en clase a situación actual e formas de evitar os riscos.