En 1519 o horizonte era o límite do mundo coñecido. O mar albergaba monstros e outros perigos que axexaban aos navegantes máis audaces. Calquera viaxe alén dese punto era unha fazaña e un risco. A crenza máis común era que a Terra, cos seus mares, era plana e que nos seus confíns só había abismos e inimaxinables perigos.
Luis Matías López Rivas